jueves, 4 de junio de 2009

REBELIÓN EN VIGO ,OBREROS EN LUCHA !RESISTENCIA¡







Houbo marchas moi númerosas polo centro de Vigo e cortes de tránsito en Pontevedra O mércores 20 de maio tiña lugar a terceira xornada de folga do sector do Metal pola negociación do convenio provincial do Metal, despois dunha semana de ruptura das negociacións e de ataques da patronal aos traballadores que se mobilizan .






A resposta dos traballadores do Metal foi contundente: unha folga consolidada e unha visibilización multitudinaria dos traballadores do sector polo centro de Vigo, con marchas, ocupación de sedes bancarias e cortes de tránsito, que tamén tiñan lugar en Marín e Pontevedra.






A mensaxe foi clara: o Metal non se rende e está disposto a dar esta batalla para que a crise non a paguen aqueles que nada tiveron que ver coa súa orixe, e van defender con unllas e dentes o modelo sindical de combate e participación que representan.




Como en anteriores ocasións a xornada de folga nas empresas afectadas polo convenio provincial do Metal de Pontevedra comezaba nas distintas zonas industrias da provincia: estaleiros (zona de Barreras, Vulcano, Factoría Naval de Marín, Mos, Vincios, O Porriño, avenida de Madrid, Pontevedra e tamén noutras zonas máis afastadas das dúas cidades, tanto no sur como no norte da provincia.




"Folga consolidada" en Pontevedra




En Pontevedra, Marcos Conde, secretario comarcal da CIG-Metal desta comarca, informaba do desenvolvemento da xornada e asegurou que "aqui a acción dos piquetes se viu reducida porque a folga está consolidada, e comezamos co mesmo roteiro de anteriores xornadas". Conde destacou que "desta volta a presenza policial foi moito maior, e estivemos vixiados en todo momento". Aínda asi, os traballadores do Metal en Marín e Pontevedra realizaron cortes de tránsito de nove a doce da mañá en zonas neurálxicas destas dúas áreas.




Marchas multitudinarias en Vigo




Na cidade de Vigo as marchas desde os distintos estaleiros comezaban pouco despois das nove da mañá e encontrábanse no cruce de Colón. Neste cruce decidían ocupar as oficinas das catro entidades bancarias que habia, para denunciar o papel da banca na crise, asi como a especulación do sistema financeiro, que rematou perxudicando nomeadamente á clase traballadora.
Despois de media hora de bloqueo das portas e media hora na que se paralizou a actividade destes catro bancos, decidiase continuar a marcha cara a Praza do Concello, onde se xuntarían o resto dos grupos de piquetes perto das once e media da mañá.




Asemblea na Praza do Concello




Na Praza do Concello tivo lugar unha asemblea, para informar a todos os traballadores do que está a acontecer coa "negociación" do convenio.
Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, na súa intervención sinalou que "nos convoquen cando queiran, a hora que queiran e co mediador que queiran, porque estamos dispostos a negociar, dixémolo antes e dicímolo agora", mais engadiu que "nós o que queremos é un convenio xusto e digno".




"Estamos dispostos a negociar con esa gran patronal que fixo ese gran acto dos empresarios, eses que teñen a cara de dicir que os traballadores do Metal de Pontevedra non podemos ir á folga, porque non se pode negociar en folga, e menten porque temos negociado estando en folga e é que a folga é un dereito noso que temos conquistado os traballadores", manifestou.
Respecto ás criticas da Patronal polo suposto dano de imaxe das mobilizacións do Metal, Malvido subliñou que "volven mentir porque son eles coa sua actitude e intransixencia os que danan a imaxe de Vigo e Pontevedra".




Malvido criticou á Patronal, por "caciquil, que non sabe negociar sen conflito, por incumpridora do convenio" e afirmou que "estamos fartos". Asi cualificou o acto dos empresarios do Ifevi da fin de semana pasada como "un peche de filas e un acto público da clase dominante e o noso é unha manifestación da clase traballadora, que reclama un salario digno e unhas condicións laborais xustas".




O secretario nacional da CIG-Metal lembrou que "no Metal estamos afeitos a ter conflitos longos", e dirixiuse aos presentes para indicar que a mobilización non remataba nesta asemblea, senón que continuaba cunha marcha até as Travesas.




Nova manifestación e cortes de tráfico




Perto das doce da mañá os milleiros de traballadores do Metal presentes volvían encher as rúas de Vigo e encamiñaban os seus pasos pola Avenida das Camelias, cara á Praza de América. Mentres esta praza permanecía cortada, un grupo achegábase polas Travesas a cortar a saída e entrada da circunvalación, asi como a rotonda de Alcalde Portanet.




Ás dúas da tarde xuntábanse de novo todos os folguistas para rematar esta xornada de mañá na Praza de América.




"Esta foi só a primeira xornada"




Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, falou nesta asemblea final, na que explicou que "quixemos darlle unha resposta ao conclave que tiveron os empresarios, onde eles quixeron facer un acto de forza para enfrontarse a nós, e querían transmitirnos que están dispostos a resistir, e ese desafío é algo ao que lle imos ter que facer fronte, porque aqui isto se vai trazar en termos de derrota ou de vitoria".




Alcántara preguntouse porque "eses señores (os empresarios) nunca acaban na cadea, xa que a súa interpretación da lei e dos convenios colectivos cando falan de salarios sabemos como pagan as horas extras, o xeito que tratan as vacacións, a maneira na que coidan a prevención da saúde, e se a Policia ten rigor e ten ganas de intervir que actúe contra eles. Non o van facer porque eles son os que teñen a chave da cadea, os señores empresarios poden mandar niso e nos medios de comunicación, que son tamén empresas".




O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG asegurou que "a Patronal vai fracasar" e que "temos por diante é un auténtico reto, e se perdemos este convenio, e eles o saben, perdemos unha batalla que afectaría a moitos máis convenios".




Por último, Alcántara rematou dicindo que "pola tarde temos máis traballo, e mañá o que imos facer vaise facer desde cada un dos piquetes e mañá vai ser unha xornada distinta, porque nós temos esa capacidade
desde este blog expreso mi más firme apoyo a las luchas de los obreros galegos y del proletariado de todo el estado
es necesario que las luchas obreras y populares ,enfrentadas al capitalismo indirectamente, lo esten de manera más directa teniendo como fin el apoyo al movimiento de resistencia antifascista(ligándose a este los elementos más avanzados) adquiriendo el movimiento obrero un carácter político ,antiimperialista y revolucionario
el desarrollo de las luchas obreras y populares se realiza desbordando la legalidad burguesa ,a través de la acción directa y la autoorganización obrera ,es por ello que muchos partidos comunistas y de "izquierdas" están por detrás de las masas ,tomando una aptitud legalista y electoralista
las masas populares no confían en los políticos burgueses ,se estan autoorganizando para combatir al sistema ,pero de manera todavía inconsciente
solo con una línea marxista-leninista-maoísta dentro del movimiento de resistencia antifascista ,lograremos transforman las luchas espontáneas en luchas conscientes , y la resistencia en revolución , dando pasos hacia la consolidación de una guerrilla urbana antifascista ligada a la clase obrera y el pueblo
VIVA LA LUCHA DE LOS OBREROS DE VIGO
SOLIDARIDAD ACTIVA CON LOS REPRESALIADOS
ORGANIZARSE PARA DOTAR AL MOVIMIENTO OBRERO DE UNA LÍNEA POLÍTICA REVOLUCIONARIA

No hay comentarios: